Monday 06 de May de 2024

Esgotados no primeiro día os Bonos Cultura, con 3.568 descargas


Os usuarios teñen dous meses para trocar os bonos, transcorrido ese prazo, deixarán de ter validez.

Os Bonos Cultura 2023 promovidos polo Concello da Coruña esgotáronse ás poucas horas do seu lanzamento. Un total de 3.568 usuarios descargaron os vales que permitirán obter descontos de ata o 50 % en transaccións en establecementos culturais da cidade. O Bono Cultura desta edición divídise en dous tipos: un de 200 euros para aboar matrículas en establecementos formativos (academias de teatro, danza, música…) e outro de 60 euros para mercar en establecementos culturais (librarías, tendas de música, entradas…). Os usuarios e usuarias descargaron 328 bonos do primeiro dos tipos e 3.240 do segundo tipo.

Os posuidores dos bonos terán agora un prazo de dous meses para trocalos nos negocios adheridos á campaña, 49 en total, dos que 12 son academias e centros de servizos e o resto, distintos tipos de tendas.

O Bono Cultura conta este ano cun orzamento de 260.000 euros. Se as persoas que teñen descargados os vales non fan uso deles no prazo establecido de dous meses, eses fondos non gastados quedarán dispoñibles e poderá haber unha nova convocatoria ata consumir a totalidade do crédito